Ir al contenido principal

A historia do elefante.

O ano pasado, a mediados de Novembro estaba pola casa coa miña veciña de 4 anos facendo manualidades e falando de todo un pouco. Saiu o tema dos Reis Magos e non sei como se me ocorreu decirlle que eu ia pedir un elefantiño rosa.
A partir de ese día, contaballe historias sobre o meu elefante, contaballe que iba a ser pequeniño para que me collese na casa, e que teria as orellas moi grandes para que me oira cando o chamase. Contaballe como o iba a levar a pasear pola praia, e como xogaria con él.
O día de Reis, a nena o espertar esa mañá so quería ir para miña casa a xogar co elefante pero esa mañá os Reis non habian deixado ningún elefante rosa para min.
O ano pasou, mas ben mal que ben, e chegamos outra vez a decembro e tocou escribir coa nena a carta os Reis e pedimos outra vez o elefante, a ver se o ano pasado fora un erro tecnico...

Este Nadal, foi moi duro, xa habia chegado ben abaixo, cando o día de Reis, nun dos paquetes habia un elefantiño rosa de peluche.

Ese elefantiño rosa simboliza a imaxinación, a ilusión e o desexo, ese elefante recodame que a esperanza segue ahi e os bos momentos tamén chegarán.

Comentarios